DIMITE A PRESIDENTA DA ASOCIACION VECIÑAL DE ESTEIRO

23 de set. de 2014





Dimite la presidenta de la asociación vecinal de Esteiro

 tres meses después de llegar al cargo


María del Carmen Vázquez alude a razones «personales» y discrepancias

 con su Junta Directiva

11 votos

La presidenta de la Asociación de Vecinos de Esteiro, María del Carmen Vázquez Gómez, presentó ayer su dimisión «irrevocable» del cargo, después de ocuparlo durante apenas tres meses. La representante vecinal alude enun comunicado a que las causas de su renuncia son «fundamentalmente de crácter personal», aunque admite que «la disparidad de criterios, en muchos casos irreconciliables, con la junta directiv sobre el funcionamiento diario de la asociación han influido de forma importante en ella».
María del Carmen Vázquez señala que la decisión «no ha sido fácil» y que la tomó tras un «período de reflexión». Y añadió: «Me hubiera gustado que los acontecimientos no hubieran desembocado de esta manera y haber podido desempeñar mis funciones sin cortapisas. Mi único objetivo era ponerme al servicio del barrio trabajando por y para él, únicamente. Lamento que no haya podido ser así».
La ya expresidenta accedió a la presidencia vecinal el pasado mes de junio, después de que la persona que ocupó el cargo durante los once años anteriores, Xose Miguel López Pérez, no se presentase a la reelección.

CELEBRADA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA AV DE ESTEIRO

6 de jun. de 2014

Carmen Vázquez, nueva presidenta de la AV de Esteiro


http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/carmen-vazquez-nueva-presidenta-av-esteiro/20140605215438088430.html


Detidos os "artistas" que emporcaban Esteiro

17 de mai. de 2014

Esta semana foron detidos, pola Policía Local os "artistas" que emporcaban o Barrio de Esteiro: Espazos privados, públicos, mobiliario urbano, etc, feitos que foran denunciados pola Asociación Veciñal de Esteiro diante da Policía Nacional e da Policía Local con un informe fotográfico de máis de 50 propiedades afectadas
https://picasaweb.google.com/117923579948837561563/GrafitosEnEsteiroSinaturasKETUCHOU


A Policía Local valora os danos en 10.000 euros, aínda que seguramente serán moitos máis.

Todas aquelas persoas que estean afectadas, deben presentar un informe da valoración dos danos na Policía Local de Ferrol, para que lles poida ser reclamado aos autores dos danos.



http://elprogreso.galiciae.com/nova/332111-detenidos-grafiteros-inundaron-pintadas-barrio-ferrolano.

http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/82317.

http://www.abc.es/local-galicia/20140515/abci-detenidos-frafitis-ferrol-201405151222.html.

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/detenidos-dos-grafiteros-inundaron-pintadas-un-barrio-ferrolano/idEdicion-2014-05-15/idNoticia-868905/.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/05/15/detenidos-dos-estudiantes-coruneses-ferrol-pintadas-barrio-esteiro/00031400146035328316373.htm.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/05/16/apresados-decorar-ferrol/0003_201405F16C3991.htm.

http://www.noticieirogalego.com/2014/05/a-policia-de-ferrol-detnen-a-dous-graffiteros-aos-que-se-lles-atribuen-danos-por-10-000-euros/

http://article.wn.com/view/2014/05/15/Detenidos_dos_jovenes_coruneses_por_realizar_grafitis_en_Fer/


http://www.laregion.es/articulo/galicia/detenidos-grafiteros-coruneses-pintadas-ferrol/20140515164450468467.html

https://twitter.com/Ferrol360/status/466863135341936640


PORCOS SOLTOS POLO BARRIO DE ESTEIRO

12 de abr. de 2014



GRAFITOS EN ESTEIRO

Desde hai  pouco máis de dous meses o barrio de Esteiro, tamen lugares da Madalena e de Caranza, están sendo emporcados con grafitos noxentos.

Esta noite pasada novos grafitos ao lado da Cafetería Agarimo e nun colector de lixo tamén próximo a ese lugar, realizados polas mesmas persoas que o veñen facendo desde hai dous meses no Barrio de Esteiro principalmente pero tamén en outros barrios.

Recentemente na Coruña un grafitero que emporcaba a cidade chamado RAS foi detido pola Policía Local da Coruña e se lle acusou de danos por 16.000 euros.

En Ferrol destaca a sinatura de KETU  e CHOU e os danos que teñen producido en espazos públicos e locais particulares é de miles de euros.

O mércores pasado na xuntanza que tivemos a AV de Esteiro e a Asociación de Hostaleiros e Comerciantes de Esteiro co comisario de Ferrol-Narón, D. Angel J. Casanova, xa denunciamos estes feitos e tamén trasladamos a denuncia á Policía Local de Ferrol e ao Alcalde, Concelleiro de Servizos e aos Grupos Municipais. ( Parece que xa hai sospeitosos localizados ).

Desde a Asociación Veciñal de Esteiro facemos un chamamento ás comunidades de propietarios e particulares aos que lles pintaron nas súas propiedades a que FORMULEN DENUNCIA NA COMISARÍA DE POLICÍA, para poder reclamarlles aos responsables os danos producidos, cando estes sexan identificados e detidos ( QUE VAI SER PRONTO )

No album fotográfico que achegamos se pode ver unha mostra de como está quedando o barrio todo emporcado

A noticia foi recollida en diferentes medios de comunicación:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/04/12/esteiro-pide-policia-identifique-grafitero/0003_201404F12C6992.htm

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/av-esteiro-denuncia-proliferacion-grafitis-varias-zonas-barrio/20140411215824081569.html#votar-5

Desaparecerá a AV de Esteiro?

22 de mar. de 2014


Asembleas da AV de Esteiro


No día de onte celebráronse as Asembleas Ordinaria e Extraordinaria da AV de Esteiro.
Na Ordinaria:
  • Aprobouse a acta da asemblea anterior.
  • Aprobouse, por unanimidade, o informe económico.
  • Foi presentado o informe de actividades de marzo 2013 a marzo de 2014.
Fixouse como metas para o novo exercicio:
  • A recuperación da Participación Cidadá, que desapareceu co actual Goberno Municipal.
  • Facer unha campaña a prol da Residencia Universitaria Pública na Parcela do Invifas na Avenida de Esteiro.
  • Facer unha campaña para que se elabore un Plano Especial para a Rehabilitación do Esteiro Vello.
  • Esixir a vixilancia da Zona Azul e maior presenza da Policía Local no Barrio de Esteiro.
  • Apoiar cantas mobilización se produzan en defensa do naval público, do emprego, da sanidade e educación público e de cantas sexan beneficiosa para o conxunto da cidade e do barrio.
  • Potenciar o Comedor Senior de Esteiro.
  • Facer unha campaña de captación de nov@s asociad@s.
  • Manter as actividades existentes e amplialas.
  • Demandar a construcción dun Centro Cívico en Esteiro.
Na Asemblea Extraordinaria , que tiña como único punto a Renovación da Xunta Directiva:
Non houbo ningunha candidatura , nin candidato/a.
 
Polo que foi nomeada unha Xunta Xestora, para atender asuntos de trámite, e que no prazo de dous meses convocar unha Nova Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección dunha Xunta Directiva. No caso de que non houbese candidaturas se procederá a nomear una COMISIÓN LIQUIDADORA, para disolver a Asociación Veciñal de Esteiro.
 
A Comisión Xestora, para asuntos de trámite e urxentes, está composta por 8 persoas que formaban parte da anterior Xunta Directiva  e 4 persoas máis que se presentaron na propia Asemblea Extraordinaria.
 
Esta Comisión Xestora terá unha xuntanza a vindeira semana para establecer a data da Nova Asemblea Xeral Extraordinaria.
 
 
Comisión Xestora da AV de Esteiro

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/03/22/relevo-frente-asociacion-vecinos-esteiro/0003_201403F22C5991.htm


En Defensa da Sanidade Pública

17 de mar. de 2014


Parque de Xogos Infantís en Taxonera

14 de mar. de 2014

Para: Alcalde-Presidente do Concello de Ferrol


De: Asociación Veciñal de Esteiro.


Asunto: Solicitude de instalación de Parque de Xogos Infantís.



Pola presente SOLICITAMOS a instalación dun pequeno parque de xogos infantís nos Xardíns de Taxonera detrás da escultura de Luís Rapela.

Novas e imaxes do acto do 11m 2014

12 de mar. de 2014

https://picasaweb.google.com/117923579948837561563/12DeMarzoDe2014?authkey=Gv1sRgCP7kqcnA_PDnDg

DIARIO DE FERROL

“Angélica era responsable, dulce y alegre, recordarla es revivir lo maravillosa que era”

Un año más, y este especialmente al cumplirse el décimo aniversario, la Asociación Veciñal de Esteiro recordó con un entrañable acto a las víctimas del atentado yihadista del 11 de marzo de 2004. Lo hizo en la única plaza de Galicia que lleva el nombre de 11-M y que fue inaugurada hace tres años por Pilar Manjón, presidenta de la asociación 11-M atentados por el terrorismo.
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/angelica-era-responsable-dulce-y-alegre-recordarla-revivir-maravillosa-era/20140312023004077974.html
http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/77151

Homenaxe ás vítimas do 11 M en Madrid

5 de mar. de 2014

O vindeiro martes día 11 de Marzo ás 18 horas na Rúa San Ramón faremos o acto de Homenaxe ás Vítimas do 11M en Madrid.
Estariamos moi agradecidos da vosa participación.


ASEMBLEA XERAL DA AV DE ESTEIRO

O xoves día 20 de Marzo celebraremos as asembleas ordinaria e extraordinaria da AV de Esteiro.
Na Asemblea Extraordinaria o único punto a orde do día é : Elección da nova Xunta Directiva.

QUEREMOS INFORMARVOS QUE A ACTUAL XUNTA DIRECTIVA NON SE PRESENTA Á REELECCIÓN



Supresión da Zona Azul de Esteiro

4 de mar. de 2014

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/vecinos-esteiro-y-ultramar-piden-mantengan-plazas-zona-azul/20140304030953077114.html.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/03/03/vecinos-esteiro-rechazan-anulacion-zona-azul-barrios-ferrol/00031393844779442808233.htm

Zona Azul en Esteiro.

Desde a Asociación Veciñal de Esteiro MANIFESTAMOS a nosa total oposición á decisión unilateral tomada polo Goberno municipal do Partido Popular de ANULAR a Zona Azul en Esteiro, do mesmo xeito que fixeron a Asociación de Veciños e os comerciantes e hostaleiros do barrio de Ultramar, polos seguintes motivos:

Primeiro: A decisión de implantar a Zona Azul GRATUÍTA foi tomada, de forma UNÁNIME, nunha Comisión de Tráfico, atendendo a criterios técnicos da Policía Municipal e atendendo a unha DEMANDA veciñal e de comerciantes e hostaleiros do barrio de Esteiro, diante da falla de prazas de estacionamento no Barrio.

Segundo: Este informe establecía a necesidade de favorecer a rotación nos estacionamentos, debido a peonalización do Barrio da Madalena e de que Esteiro ten unha demanda de prazas superior a outros barrios por mor de Bazán e  a Universidade, xunto coa próximidade ao centro da cidade.

Terceiro: A actividade do comercio e da hostalería do Barrio, que están maioritariamente nas zonas establecidas como Zona Azul GRATUÍTA, estarían moi prexudicados se non houbese unha rotación nos aparcamentos e as prazas de estacionamento estivesen permanente ocupadas por coches de persoas que desenvolven a súa actividade no Centro da Cidade.
Esas razóns levaron ao Goberno Muncipal, logo dun acordo UNÁNIME, da Comisión de Tráfico, a ampliar a Zona Azul existente nunha parte da Avenida de Esteiro, ao espazo comprendido entre esta última Rochel, Avenida de Vigo e Praza de Santo Amaro. Deixando rúas intermedias nese espazo como de aparcamento libre e sen restrición horaria.
Para cumprir ese fin houbo que destinar unha importante partida económica á sinalización, tanto horizontal como vertical, das rúas afectadas pola zona azul e o espazo de cada praza de estacionamento.

Residencia Universitaria Pública en Esteiro

9 de fev. de 2014


CONSEGUÍMOLO

26 de dez. de 2013

A campaña da Asociación Veciñal de Esteiro a prol do funcionamento do Comedor Social  Público de Esteiro tivo os seus resultados:


Hoxe, xoves día 26 de decembro o Comedor Social de Esteiro comezou a funcionar 

https://picasaweb.google.com/117923579948837561563/ComedorSocialPublicoDeEsteiro?authkey=Gv1sRgCJXhpfra5Jv4eQ

Estamos seguros que durante o mes de Xaneiro estará completo o número de 30 persoas que poden acudir a este servizo que se presta no Local Social da Asociación Veciñal de Esteiro.

Pola nosa parte imos seguir publicitando este servizo

Quedan pendentes de solución algúns desperfectos ( como se pode ver no album de fotos) e cambiar a fiestra que deixa pasar humidade e friaxe. Tamén o poñer no chan  tarima flotante.

SOLICITADA XUNTANZA URXENTE CO ALCALDE DE FERROL

9 de dez. de 2013

A Asociación Veciñal de Esteiro vimos de rexistrar no Concello de Ferrol unha SOLICITUDE URXENTE de entrevista co Alcalde de Ferrol para falar do Bloqueo ao que, a Concelleira de Servizos Sociais, ten sometido o Comedor Senior do Barrio de Esteiro.

Tamén SOLICITAMOS  a convocatoria URXENTE da Asemblea de Barrio de Esteiro que, desde a súa constitución en Abril do 2012, non se voltou a convocar a pesar de que o Regulamento de Participación Cidadá establece convocatorias cada TRES MESES,  e, cando se tiñan que ter celebrado 7 Asembleas, non se ten celebrado ningunha. Queremos lembrar que en Abril do 2014 xa é preciso RENOVAR os cargos electos na Asemblea do Barrio de Esteiro, dos que non sabemos cal foi o seu traballo nestes 20 meses, nin que propostas defenderon, xa que non deron contas do seu traballo a ninguén. Queremos lembrar que unha das propostas máis votadas na Asemblea do Barrio de Esteiro foi a do COMEDOR SOCIAL NO LOCAL DA AV DE ESTEIRO e esta infraestructura segue sen comezar a funcionar e os representantes na Asemblea de Barrio, dan a calada por resposta.

É competencia das Asembleas de Barrio: Participar na toma de decisión sobre as actuacións e investimentos que o Concello realice, neste caso, no Barrio de Esteiro.Non se está a facer no caso de Esteiro nin tampouco no resto dos Barrios e se opta polo chamado PLAN DE BARRIOS, que nin se falou, nin se consensuou con ninguén e que en Esteiro logo de ir no II Plan de Barrios estamos como se amosa no albúm fotográfico que enviamos a continuación e que é so unha pequena mostra do que sucede e que se podería  ilustrar con moitos albumes fotográficos.


Segue sen haber, a pesar de que figuraba no contrato con Misturas, un teléfono para que as persoas poidan denunciar as deficiencias que hai na cidade, que non son poucas


CAMPAÑA DE ACOSO E DESPRESTIXIO CONTRA A ASOCIACIÓN VECIÑAL DE ESTEIRO

23 de nov. de 2013


Desde a Asociación Veciñal de Esteiro queremos DENUNCIAR o que consideramos unha campaña de persecución e desprestixio, orquestrada pola Concelleira de Servizos Sociais, Dona Rosa Martínez Beceiro utilizando como pretexto o Comedor Social Público de Esteiro.

Este ano á nosa entidade lle foi retirado o Taller de Memoria, xa no pasado ano fora reducido á metade e foi suplido con financiamento propio, que subvencionaba dita Concellería, a pesar de que era no que máis xente participaba e de que existía demanda para a súa continuidade. O Taller de Memoria  se continúa impartido este ano con fondos propios.

Con respecto ao Comedor Social de Esteiro queremos dicir que foi unha decisión dun Goberno Municipal, o anterior, o que atendendo as demandas nosas e da veciñanza de Esteiro TOMOU A DECISIÓN de que fose no local da AV de Esteiro, que é un LOCAL MUNICIPAL e por tanto público, onde se fose instalar dita infraestrutura.

Fixéronse, no anterior mandato, obras no local ( pintado, alumeado, etc) mercouse un lavalouzas, forno microondas, cadeiras, mesas e un moble mostrador,(onde se garda a louza, cubertería, cristalería, manteis, panos de mesa, fontes , etc) . Ese mostrador forma parte do Comedor Social e non é para montar un bar como Dona Rosa Martínez se atreveu a afirmar, seguramente por descoñecemento e desinterese, nunha Comisión de Servizos Sociais ( está recollido na acta). Lembramos que cando se unificaron as dúas entidades veciñais de Esteiro o bar que había nunha delas , desapareceu para que se puidese montar nese espazo o Comedor Social. Por eso a AV de Esteiro non só non quere montar un bar, como día Dona Rosa Martínez, senón que desfixo o que había.

Na obra do Comedor Social, do anterior Goberno Municipal, quedou pendente adaptar a entrada ao Local da AV de Esteiro, botar tarima flotante no solo e facer obra de adaptación, para persoas con discapacidade, dun baño, quedando unha partida orzamentada para ese menester.

Coa chegada de Dona Rosa Martínez Beceiro á Concellería de Servizos Sociais o interese polo Comedor Social de Esteiro caeu en picado. Non se puxo a funcionar a finais do 2011, tampouco no 2012 e parece que tampouco vai funcionar no 2013.

Na Asemblea de Barrio celebrada hai máis de ano e medio no Salón de Actos da Universidade, non se volveu a celebrar ningunha outra malia que tiña que haber catro cada ano, as dúas propostas máis votadas foron:
A Escola Infantil Pública de Esteiro e o Comedor Social de Esteiro.

Desde esta Asociación demandamos reiteradamente a posta en funcionamento do Comedor Social e foi a presión social a que levou a que este ano, no mes de setembro, se fixesen as obras de adaptación da entrada ao noso local, pero xa se reduciu a capacidade do Comedor Social de 40 persoas a 30 persoas, e non se botou a tarima flotante no chan nin se cambiou unha fiestra que produce humidades e friaxe. Malia todo o local está en condicións de que se poida poñer a funcionar xa.

O mes pasado, o día 15 de outubro, o Alcalde acompañado da Concelleira de Barrio e do Concelleiro de Obras e Servizos, visitaron o local da AV de Esteiro, para ver o espazo e as obras onde ía funcionar o Comedor Social, asumindo que era necesario cambiar a fiestra, como nós demandabamos, e comprometéndose a trasladarlle esa necesidade á Concelleira de Servizos Sociais. Ao día seguinte os medios de comunicación recollen que se abre o prazo para inscribirse no Comedor Social de Esteiro.

A partir dese momento e , sen dirixirse nunca directamente á AV de Esteiro, comeza unha campaña contra nós de desprestixio e de persecución , nos medios de comunicación, por parte de Dona Rosa Martínez con falsas acusacións de non colaboración pola nosa parte.

Nos acusa de non colaborar cando, desde o mes de maio non se puxo nunca en contacto con nós, nin para dicirnos cando empezaban as obras, nin para dicirnos cando se abría o prazo de inscrición, nin nos facilitou os impresos de inscrición, nin as condicións para ter acceso ás prazas, nin sequera veu nunca ao noso local para ver como ían as obras e como as remataron ( a pesar de que lle trasladamos que tiñan deficiencias, como o Alcalde puido comprobar), como se pode ver total falta de interese e desidia absoluta.

Na citada Comisión de Servizos Sociais xa ameazou que “se lle daba a gaña non poñía a funcionar o Comedor de Esteiro ou o poñía noutro sitio. E parece que eso é o que vai facer segundo anuncia no día de hoxe aos medios de comunicación.

Pode alguén crer que oito persoas lle manifesta a Dona Rosa Martínez, que queren inscribirse no Comedor de Esteiro, pero que non queren ir ao local da AV de Esterio, que é un LOCAL MUNICIPAL?

A Asociación Veciñal de Esteiro, como o Concello non o facía, fixemos unha campaña informativa de que o prazo para  inscribirse no Comedor Social de Esteiro estaba aberto: Notas de prensa, comunicación a todos os socios e a todas as sociais, 300 cartaces en todo o Barrio e tamén contamos coa colaboración da AHOBE que o puxo nos seus locais, e eses cartaces os distribuímos a todas as entidades veciñais de Ferrol, cousa que non fixo a Concellería de Servizos Sociais.

Tamén fixemos obras complementarias do Comedor Social que nos supuxeron un gasto de 1500 euros, que pagamos nós.

Esa campaña comeza a dar os seus froitos, durante toda esta semana viñeron persoas a buscar as follas de inscrición á nosa entidade e nos próximos días, unha vez cumprimentados todos os requisitos, os entregarán no Concello. 

Ningunha desas persoas manifestou rexeitamento ao Comedor no Local da AV de Esteiro.

Por eso DENUNCIAMOS que é unha campaña de desprestixio e de persecución a que a Concelleira de Servizos Sociais ten emprendida contra a nosa entidade.

Estamos seguros que vai facer o posible por que o Comedor Social non se instale no noso local e que os cartos que o Concello leva gastado, non terán a utilidade para o que foron investidos.

Señora Concelleira, diga abertamente onde quere montar o Comedor Social e canto pensa gastar para adaptar o novo local ?.

Vai ser nun local Municipal ou nun local privado? .

Se neste momento non hai o número de persoas inscritas, e pola falla de interese da Concelleira de Servizos Sociais e pola súa incapacidade, na Asociación Veciñal de Esteiro asumimos os erros que cometemos cada día no noso traballo, pero non toleramos que se nos queira trasladar unha culpa que só é de Dona Rosa Martínez Beceiro.

DEMANDAMOS do Alcalde de Ferrol que poña a funcionar de xeito inmediato o Comedor Social de Esteiro e que desautorice o comportamento, para coa AV de Esteiro, da Concelleira de Servizos Sociais, que leva desde o mes de maio sen falar coa nosa entidade, nunha campaña de persecución que non entendemos , nin pensamos que a nosa entidade, nin ningunha outra, mereza .

Na Asociación Veciñal de Esteiro estamos dispostos a reunirnos con calquera concelleiro/a e con calquera grupo municipal para calquera tema que resulte beneficioso para o Barrio de Esteiro.

Na nosa entidade e en todas as entidades de Ferrol o traballo das Xuntas Directivas é vocacional, desinteresado, altruísta e GRATUÍTO, nos podemos equivocar e de feito nos equivocamos, pero só nos move o interese polo noso Barrio e polas persoas que nel viven e traballan.

Non imos tolerar ningunha discriminación, persecución ou menosprezo de ningunha Administración Pública e se este se producira o DENUNCIAREMOS.

A nosa entidade é apartidista, non apolítica, e respecta a tódolos partidos políticos, sindicatos e asociacións e RECLAMA o mesmo respecto para con nós.

Unha entidade que inviste 1.500 euros nun Comedor Social, cando a cota dos asociados/as é 1 euro mensual, para suplir a falla de investimento do Concello, está apostando e comprometéndose de xeito decidido con esa infraestrutura pública.

Non entendemos nin está xustificada a persecución que a Concelleira de Servizos Sociais está a facer coa AV de Esteiro.

Dona Rosa Martínez Beceiro poderá poñer o Comedor Social onde lle dea a gaña, como dixo na Comisión de Servizos Sociais, pero será unha decisión que non ten xustificación  ningunha .

Ferrol a 23 de novembro de 2013.

Xunta Directiva da AV de Esteiro


Somos cidadáns non somos súbditos

10 de out. de 2013



A Asociación Veciñal de Esteiro na reunión da Xunta Directiva celebrada, como cada luns, o día 7 de outubro tomamos o acordo de DENUNCIAR a eliminación total da Participación Cidadá no Concello de Ferrol.
Non se reúne o Consello da Veciñanza, os Consellos Sectoriais , algúns aínda non están constituídos. As Asembleas de Barrio non volveron a convocarse desde a súa constitución . Non se puxo en marcha unha institución fundamental como é o Valedor Veciñal e tamén desapareceron os Orzamentos Participativos.
Non se convoca a Comisión de Seguimento do Urban , non se da participación á veciñanza , agás para presentar alegacións que as mais das veces non son tidas en conta,  cando se elaboran Ordenanzas Municipais.
Tómanse decisións , como a de facer peoniles máis rúas, escoitando so os intereses de determinados colectivos, sen falar do modelo de cidade e sen establecer planos de mobilidade e de circulación alternativos.
Está claro que o actual Goberno Municipal non cree na participación cidadá.
As relacións dos responsables políticos, agás honrosas excepcións, coas entidades asociativas, cando menos coas veciñais, son cada vez  menos fluídas e nalgún caso, como coa Concellería de Urbanismo, inexistente.
Por se non fose dabondo o non contar coas entidades veciñais, o Goberno Municipal aínda  está disposto a tomalas  máis de broma e menosprezalas moito máis. Sucede este ninguneo co chamado Plan de Barrios, que está na súa segunda fase.
Ningún responsable político municipal, nin tampouco ningún funcionario municipal, agás o de limpeza, se pon en contacto coas entidades asociativas para que elaboren un memorando coas demandas e deficiencias que hai no barrio. O que se fai é mandar unha semana antes da nova visita do Alcalde ao respectivo barrio aos responsables das empresas que traballan para o Concello polos locais veciñais para que lles digamos que necesita o Barrio e logo durante tres ou catro días as empresas de xardíns, alumeado, obras e servizos se encargan de amañar unha pequena parte de esas deficiencias, para que o Alcalde da cidade, como en “Bienvenido Mr. Marshall”, apareza un xoves ou un venres rodeado dos medios de comunicación a “vender” todo o que fixeron neses catro días.
Previamente á visita, o día anterior, se invita á Asociación Veciñal de ese Barrio para que acompañen ao Alcalde, algunhas o están aceptando inexplicablemente, e tamén se avisa aos representantes da Asemblea de Barrio, os de Esteiro non sabemos nin si existen,  para que poida contarlles a grande labor que leva feito en catro días no Barrio.
Esta Asociación non imos deixarnos manipular e non aceptamos que en lugar de cidadáns o Sr. Rey Varela pretenda tratarnos como súbditos  polo que non imos participar na farsa  que o Alcalde da cidade ten organizada para esta semana en Esteiro, polo tanto a Xunta Directiva da AV de Esteiro  non imos acompañar ao Alcalde como se fósemos o seu séquito ou o seu coro de figurantes.
Se o Sr. Varela quere estar en campaña electoral permanente, non o vai facer utilizando á Asociación Veciñal de Esteiro que  DEMANDAMOS  que se recupere xa a Participación Cidadá e se respecten os dereitos da cidadanía en xeral e do tecido asociativo en particular.
Cando o Alcalde de Ferrol,  calquera membro do Goberno Municipal ou Grupo Municipal queira reunirse coa Asociación Veciñal de Esteiro, a nosa entidade os recibirá gustosamente, pero pretender utilizarnos como figurantes nunha cerimonia permanente da confusión non o imos tolerar e non imos participar .
 Sr Rey Varela paséese canto queira por Esteiro pero non conte con nós. Non pretenda vendernos os traballos  que está obrigado a facer o Goberno Municipal como unha concesión da Súa Graciosa Maxestade aos súbditos de Esteiro.
 A Participación Cidadá non é eso

Obradoiros de Informática para Adultos e Taller de Memoria

7 de out. de 2013

Está aberto o prazo para anotarse nos cursos de Informática Básica para Adultos ( Nivel Iniciación e Avanzado), que comezan o martes 15 de outubro ás 17 Horas.

Tamén hai prazas para o Taller de Memoria para maiores de 60 anos que se realizan os luns de 18:15 a 19:30 horas.

Informacións da Asociación Veciñal de Esteiro

16 de ago. de 2013

Diario de Ferrol

La AV Esteiro urge el comienzo de las obras pendientes para abrir el comedor senior

 | Actualizado 16 Agosto 2013 - 02:00 h.
La junta directiva de la Asociación Veciñal de Esteiro se dirigió al alcalde, José Manuel Rey, y a la portavoz municipal del PP, Martina Aneiros, para urgir la necesidad de acometer los trabajos pendientes en el comedor social del barrio. Desde la entidad recordaron al gobierno local que las instalaciones no acogerán la celebración de actividades todo este mes –tampoco lo hicieron en julio–. Por ello, inciden, “sería o momento oportuno para desenvolver os traballos”.
Los vecinos de Esteiro aludieron además a la existencia de una partida en el presupuesto del Concello de este año para ejecutar las tareas pendientes.
A finales del pasado mes de enero la concejala de Benestar Social, Rosa Martínez, confirmaba a los representantes de la AV Esteiro que el comedor senior se instalaría en el local social de la entidad y anunciaba también que abriría sus puertas “en breve”. En los últimos seis meses no se ha avanzado al respecto, pese a que las instalaciones disponen ya de mobiliario y alumbrado y tienen acondicionada la cocina y el mostrador, actuaciones acometidas durante el anterior mandato socialista, tal como recordaron desde la directiva de la Asociación Veciñal de Esteiro.

plan de oportunidades
La partida reservada para el comedor senior de Esteiro forma parte del  Plan de Oportunidades diseñado por el equipo de Rey Varela. Además de las instalaciones del mencionado barrio, con cargo a un presupuesto global de 500.000 euros también se habilitará el comedor senior de San Pablo; una bolsa de viviendas sociales que se reservarían a personas afectadas por los desahucios y un plan de apoyo demográfico, con becas para las escuelas infantiles.

Diario de Ferrol

Siguen a buen ritmo las obras de la Escuela Infantil  Pública de Esteiro

 | Actualizado 16 Agosto 2013 - 02:00 h.
escola infantil esteiro /
Escola Infantil Pública de Esteiro /

Las obras para la construcción de la Escuela Infantil Pública en el barrio de Esteiro, en la zona en la que hasta hace unos meses había un pista de automodelismo y que está al lado de la iglesia de El Pilar , siguen a buen ritmo.
Así lo destacan desde la Asociación Veciñal de Esteiro, que durante varios años estuvieron reclamando la necesidad de dotar al barrio de una infraestructura de este tipo. El proyecto, financiado por la Fundación Amancio Ortega por un importe de 1,2 millones de euros en virtud de un acuerdo firmado con la Consellería de Traballo e Benestar y el Concello de Ferrol, que cedió la parcela, ha sido diseñado por la empresa Elsa Urquijo Arquitectos.
El centro dispondrá de un total de 82 plazas y será la cuarta escuela infantil pública de la ciudad integrada en la red “A Galiña Azul” de la Xunta. Desde la entidad vecinal celebran el buen desarrollo de los trabajos para que la escuela pueda entrar en funcionamiento los antes posible y responder así a las demandas de las familias. 


Valoración I Mercado Solidario

12 de ago. de 2013

Desde a Asocicación Veciñal de Esteiro queremos amosar o noso agradecemento a tódolos artesáns e vendedores de segunda man que participaron no I Mercado Solidario de Artesanía e Segunda Man do Barrio de Esteiro, que organizamos xunto coa Asociación de Hostalería e Comerciantes de Esteiro e no que colaborou o Concello de Ferrol.


Cando decidimos facer esa actividade tiñamos varios obxectivos:


  • Dinamizar a actividade comercial do Barrio, da que dependen moitos postos de traballo.
  • Propiciar un espazo de exposición e venda directa, sen intermediarios, nas rúas do Barrio, creando un clima de alegría e colorido en Esteiro, e que tanto artesáns como vendedores poidesen ter uns ingresos económicos e un escaparate no que amosar as súas mercadorías.
  • Crear un espazo de convivencia entre a veciñanza de Esteiro sacando á xente á rúa.
  • Recuperar os xogos populares para que as rúas volten a ser  un espazo de xogo e convivencia entre os nenos e nenas de Esteiro.
  • Axudar a difundir a música e a cultura coa Banda Ferrolá de Música do Concello de Ferrol.
  • Colaborar con entidades sociais, neste caso o Comité Antisida-Lazos, que desenvolven un labor imprescindible e que teñen problemas graves de financiamento, aportando o 90% do recadado coa inscrición no citado Mercado Solidario, que non deixa de ser unha cantidade pequena e simbólica.
  • Facer todas esas actividades co mínimo  custo posible, xa que a Asociación Veciñal de Esteiro, ten poucos recursos e a AHCOBE, que está comezando, tampouco ten recursos.
Rematado o Mercado, no que participaron 66 postos ( 24 de Artesanía e 42 de segunda man) pensamos que tódolos obxectivos están conqueridos.

A celebración do I Mercado Solidario foi un éxito, sempre con erros a corrixir,  a Avenida de Esteiro estivo ateigada de xente o que posibilitou que tanto os vendedores como a Hostalería do Barrio tivesen un resultado económico aceptable e superior ao doutras xornadas.

A organización do I Mercado supuxo, para a Asociación Veciñal de Esteiro, un esforzo e unha decicación de tempo moi importante, pero o resultado obtido fai que ese esforzo teña a súa recompensa co recoñecemento e mostras de agradecemento que recibimos tanto da veciñanza o barrio, como dos participantes no Mercado e, sobre todo, da Hostalería do Barrio de Esteiro.

Sempre hai críticas, ben intencionadas, que hai que aceptar e que nos permitirán mellorar. 

Tamén hai difamacións inxustas,  mal intencionadas, e graves acusacións contra a Xunta Directiva  da Asociación Veciñal de Esteiro, que son inaceptables . 

Pero, maioritariamente, recibimos agradecementos polo traballo desenvolvido na organización e no resultado deste evento e felicitacións incluso doutras entidades veciñais de Ferrol.

Queremos novamente agradecer aos Artesáns e aos vendedores a súa participación, no I Mercado Solidario e de Segunda Man do Barrio de Esteiro, xa que eles son os que fixeron que o resultado fose un éxito colectivo.

Ademais conseguimos proxectar o Barrio de Esteiro a toda Galicia a través das redes sociais.

Tamén participaron no I Mercado Solidario o Grupo de Gaitas de Donas e Galáns e a Pirotecnia Millarengo.